Thursday 16 de May de 2024

Nava Castro reúnese na Coruña con empresarios internacionais e representantes do sector de organización de congresos


 

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, reuniuse hoxe en Palexco con empresarios internacionais e representantes do sector da organización de congresos que desenvolven o seu traballo na cidade da Coruña. O encontro tivo lugar nunha sesión de traballo no marco dunha viaxe de familiarización que se celebra esta semana para coñecer as potencialidades do destino galego e que, ademais desta reunión, incluirá o coñecemento da cidade da Coruña durante o día de hoxe.

O Clúster Turismo de Galicia, co apoio da Xunta, organizou esta viaxe na que participan 10 profesionais de Reino Unido, Francia, Portugal e outros puntos de España. Esta acción inclúese nas actividades do proxecto Galicia MICE, impulsado polo Clúster, para fomentar o turismo de reunións, incentivos, congresos e eventos e que celebrará mañá martes en Santiago un acto de presentación oficial. Enmárcase tamén na aposta da Xunta por impulsar este sector, que se materializa en accións como a nova liña de axudas posta en marcha por máis de medio millón de euros para impulsar este tipo de turismo.